domingo, 26 de xuño de 2016

Teaching British Life and Culture

Rosa Gloria de Artaza Montero (Dpto de Inglés)


FICHA MOBILIDADE ERASMUS KA1

MODALIDADE: CURSO
INSTITUCIÓN DE ACOLLIDA: BELL
LUGAR DE CELEBRACIÓN E DATAS: LONDRES, 18/01/2016 A 29/01/2016


Teaching British Life and Culture (Ensinar a vida e cultura británicas) foi un curso de 40 horas de duración no centro Bell de Londres que revisou diversas areas da cultura, principalmente inglesa, que foron desde a lingua- por suposto- ata a xustiza e a política pasando pola prensa, a política humor, o teatro, as clases sociais e a igualdade e a diversidade.

Ademais das actividades na aula, houbo un variado número de actividades, algunhas no propio centro, e visitas fóra dela entre as que destacarei: o magnífico percurso guiado e interactivo ás instalacións dunha institución senlleira como a BBC, a asistencia a un xuízo no Tribunal Superior máis coñecido como the Old Bailey e a asistencia a sendas sesións na  Casa do Parlamento, primeiro na Casa dos Comúns e logo na Casa dos Lores.

Se tivese que salientar o máis positivo do curso, sería a inmersión total na cultura que estabamos analizando nas propias aulas e o sempre enriquecedor intercambio con docentes doutros países, que neste caso non só eran representativos de puntos distantes de nós en Europa como Suecia ou Rusia senón tamén do outro lado do océano como Brasil e Arxentina.

Talvez o único punto algo negativo sería que os docentes que impartiron o curso, mesmo se moi entusiastas e preparados, non incidiron moito na parte de como introducir toda esta carga cultural e integrala na clase a través de actividades. Por outra banda, o seu coñecemento das novas tecnoloxías e os novos medios era moi escasa polo que esa foi unha área que case non se explorou.

Recomendaría esta actividade porque a organización e xestión do curso me pareceu moi boa, o ambiente de traballo creado excelente e a cantidade impresionante de información e estímulo que presenta unha urbe como Londres é fantástica para o docente observador e  con 'fame de cultura', que finalmente está sempre expresada e presente dunha maneira fundamental a través da lingua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario