domingo, 26 de xuño de 2016

Creative Methodologies in the Language Classroom

Mª de las Mercedes Garrido Aláez (Dpto. de Inglés)

MEMORIA CURSO KA1

CREATIVE METHODOLOGIES IN THE LANGUAGE CLASSROOM

Tipo de mobilidade: Structured Courses/Training Events
Datas da mobilidade: 21/03/2016 – 25/03/2016
Centro: Pilgrims College
Lugar: Canterbury.
País da mobilidade: United Kingdom

Organización de acollida:

Nome: The Education & Training Company Limited
Cidade: Oxford
País: United Kingdom

DESCRICIÓN

Curso de 5 días, aproximadamente 6 horas diarias.
Actividades tipo obradoiro.

Traballo en grupo.

CONTIDOS MÁIS RELEVANTES E ÚTILES

TEORÍA DAS MÚLTIPLES INTELIXENCIAS

Reflexionamos sobre o feito de que non só existe unha intelixencia, senón diferentes tipos. É moi importante que os profesores teñamos isto en conta, xa que non tódolos alumnos aprenden do mesmo xeito.

TEORÍA NEURO- LINGÜÍSTICA

Esta refírese a que o cremos é certo para nós. En relación ao aprendizaxe, é importante, xa que as expectativas que temos tornan realidade porque facemos todo o posible para que así sexa.

LEXICAL APPROACH

Este enfoque céntrase na aprendizaxe do vocabulario no contexto, tendo en conta a connotación ademais da denotación das palabras. Estas apréndense como partes do discurso, en relación coas demais unidades de significado na oración.

THE SILENT WAY

Este acercamento ten como punto de partida o feito de que o profesor é só unha figura secundaria no proceso de aprendizaxe dos seus alumnos. El propón unha tarefa para que os alumnos a realicen en grupo e completamente sós, sen axuda do profesor, a menos que esa axuda sexa absolutamente necesaria. O papel do profesor é o do observador.

TOTAL PHYSICAL RESPONSE

Esta metodoloxía baséase en que todo o noso corpo pode axudarnos no proceso de aprendizaxe. Os alumnos traballan con todo o corpo para que a adquisición da lingua sexa total. Os alumnos non están sentados, senón que se moven e o exercicio físico é parte da aprendizaxe.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE GRUPOS

Partindo do feito de que un grupo ben avido é esencial para que as actividades grupais funcionen, na primeira parte deste curso concentrámonos nalgunhas tarefas que levan a ese fin. Estas son actividades centradas nas persoas, xa que se coñecemos a persoa entón poderemos apreciala. Estas tarefas están destinadas a que non haxa conflictos dentro do grupo.

LISTENING HERE AND NOW

Reflexionando sobre a ansiedade que producen os exercicios de escoita nos alumnos, tanto na clase coma nos exames, nestas tarefas centrámonos no enfoque de presentar o listening coma un conta-contos, no que os alumnos escoitan o profesor contar unha historia en vez de oír unha pre-gravada.

ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE SPEAKING

Estas actividades foron de distinto tipo e cada unha foi mostra de como se pode traballar o speaking en clase. Por exemplo, unha das tarefas foi recontar unha historia nun grupo de 3, o profesor marcando o tempo de cada un.

CREATIVIDADE EN ACTIVIDADES TEXTUAIS

Nestas actividades centrámonos no writing, que tan difícil lles resulta aos nosos alumnos. Unha das tarefas que fixemos seguindo o enfoque do "Silent Way" foi o de"restrición", no que tiñamos que re-escribir textos mantendo a mensaxe sen poder usar unha letra determinada, de tal xeito que ningunha das palabras que usásemos a tivera.

Outra actividade tamén no método do "Silent Way" foi a de "eliminación": nun texto tiñamos que eliminar 2 ou 3 palabras de cada vez, sempre mantendo o sentido e a corrección gramatical e sintáctica.

ENSINO CREATIVO DE VOCABULARIO

O vocabulario é uha das partes máis difíciles na aprendizaxe dunha lingua. Para que o adquiramos temos que atoparnos coas palabras unha e outra vez. Ademáis, hai que aprender non só a denotación, senón tamén as connotacións, o rexistro e as unidades fraseolóxicas nas que pode aparecer.

Unha das actividades que fixemos relacionadas co ensino creativo do vocabulario consistiu en propor distintas palabras que empezasen por unha letra dada, despois elixir catro delas e inventar unha oración.

Tamén reflexionamos sobre a importancia de que o vocabulario usado nas activides estivera relacionado coas vivencias persoais dos alumnos, para así o facer máis recordable.

ACTIVIDADES EXTRAS

Ademais, tivemos as seguintes actividades extras:

- Visita guiada por Canterbury.
- Visita á catedral de Canterbury.
- Visita á escola St Stephen, onde se traballa coa metodoloxía de proxectos.
- Taller de ritmo e entoación con Emily White.
- Taller de presentacións en público con Mark Almond.

Na sesión de ritmo e entoación traballamos coa metodoloxía de "Total Physical Response", que foi realmente estimulante.

Unha das sesións máis interesantes foi a de presentacións en público, na que fixemos uha brevísima introdución ás técnicas que mellor resultado dan cando temos que traballar cara ao público.

ASPECTOS POSITIVOS

Os aspectos positivos máis salientables son:

- Metodoloxía activa: aprendemos a traballar facendo nós as actividades, no rol de alumnos.
- Posta en común de experiencias de ensino-aprendizaxe, xa que os alumnos eramos profesores de distintos países europeos.
- Revisión das metodoloxías creativas que se poden utilizar na aula de lingua na práctica, non só na teoría.

ASPECTOS NEGATIVOS

Os aspectos negativos máis salientables son:
- Curso demasiado intensivo, co que non se da tempo para asentar os coñecementos de cada día.
- Coñecemento demasiado superficial, xa que non se afonda nos contidos, e non se dan ideas máis que para unhas poucas actividades.
- O grupo era demasiado numeroso.
- O número de alumnos era impar, aínda que a maioría das actividades que realizamos eran de traballo en parellas, co que isto conleva.
- Moitas das actividades que se propoñen non son moi adecuadas para as nosas aulas, xa que esixen un tempo co que dificilmente contamos neste tipo de ensino, cunhas programacións tan amplas. Tampouco os nosos espazos son os máis adecuados.
- Non  todas as actividades propostas son para todas as idades. Hai actividades que non se poden facer en grupos de adolescentes, e outras que non se poderían facer en grupos de adultos.
- Moitas das actividades son para grupos moi ben avidos, xa que, se non, os alumnos pódense sentir incómodos.
- Algunhas das actividades realizadas no curso son as típicas, por exemplo, en "Total Physical Response" fixemos a clásica dos verbos irregulares.
- A matrícula custa case 900 euros, que é un prezo moi elevado para un curso de só 5 días.

RECOMENDARÍAS ESTA ACTIVIDADE A OUTROS COMPAÑEIROS?

Eu SI recomendaría este curso a outros compañeiros, porque a pesar dos aspectos negativos, os aspectos positivos son moi importantes. Aínda que o curso se pode mellorar moitísimo, en ningún momento tiven a sensación de estar perdendo o tempo. Este tipo de cursos ten para min algo moi positivo: permite aos profesores volver ser alumnos, vivir a experiencia de ensino-aprendizaxe dende o outro lado, algo que é sempre interesante, construtivo e revelador.




Ningún comentario:

Publicar un comentario