Webs de profesores da EOI


Nesta sección presentamos algúns sitios web creados por profesores da EOI da Coruña, auténtico exemplo da innovación educativa que desde EOI inspire aspiramos a visibilizar e potenciar:


ESPAÑOL


VIVIR EN ESPAÑOL

Blog de recompilación de recursos educativos, vídeos, materiais, informacións e curiosidades para alumnos de español lingua estranxeira. Ofrece numerosas ligazóns a outros sitios web para practicar español e inclúe información sobre as probas de clasificación e de certificación da Escola de Idiomas para facilitar a inscrición dos alumnos.

Autores: O Departamento de Español da EOI da Coruña (Ángel F. Martínez Fernández, María Freire Prado, Lucía Carro Moreira e María Clemente Rodríguez).

FRANCÉS


EOI LIVE tv
EOI LIVE materiais

EOI LIVE é unha familia de catro sitios web relacionados coa innovación educativa. Estes dous que presentamos neste apartado son para alumnos e profesores de francés: EOI LIVE tv é unha canle de Youtube que recompila vídeos pedagóxicos creados por diversos grupos de traballo coordinados polo autor desde o ano 2005. EOI LIVE materiais recompila os dossieres pedagóxicos correspondentes a eses traballos.

Autor: Marco Vélez.

INGLÉS


IN ENGLISH

Blog para profesores e alumnos da man de Ángeles Iglesias, profesora do departamento de inglés. Contén multitude de textos, vídeos e ferramentas para facilitar a aprendizaxe. Tamén publica unha lista moi ampla de ligazóns a outras páxinas de interese.

Autora: Ángeles Iglesias

LEARNER FIRST DIARY

Blog para profesores e alumnos de inglés no que a profesora Anabel Fernández comparte as súas experiencias de innovación educativa nas súas aulas da EOI... tal e como ela mesma di, con ou sen TICs. Ademáis, inclúe unha ligazón a un Scoop it, desde o que ofrece unha amplísima recompilación de ferramentas educativas aplicadas ao ensino de linguas modernas.

Autora: Anabel Fernández.

TEACHING BRITISH CULTURE 


Blog para profesores e alumnos nas que a profesora Rosa Gloria de Artaza comparte información útil e as súas propias observacións do curso Teaching British Life and Culture (Ensinar a vida e a cultura británica). Este curso é parte do programa Erasmus+ para formación do profesorado.

Autora: Rosa Gloria de Artaza

SELF-LEARNING EOI CORUÑA

Blog para alumnos de inglés da EOI que ofrece unha morea de materiais de aprendizaxe en autonomía para que poidan practicar a lingua máis alá da aula de clase. O blog leva funcionando dende 2008 e atesoura unha boa cantidade de vídeos sobre diversos temas, incluíndo videoclips e cancións en inglés.

Autora:  Marita Cerviño.

ITALIANO


ITALIANO AL DENTE

Blog de recompilación de materiais para alumnos de italiano con máis de 4 millóns de visitas e un Premio á Innovación Educativa da Xunta de Galicia. Non só é un traballo asombroso pola cantidade e calidade dos materiais ofrecidos, senón polo feito de que todos eles son de creación propia, amén de que o sitio foi programado íntegramente por Licia escribindo en código HTML sen a asistencia de ningún editor. Bravissimo !

Autoras: Licia Berdini, Ana Botana, Roberta Maschi e Inma Pérez.

INNOVACIÓN EDUCATIVA


EOI LIVE tics
EOI LIVE facebook

EOI LIVE é unha familia de catro sitios web relacionados coa innovación educativa. Estes dous que presentamos neste apartado son para profesores de EOI independentemente da lingua que ensinen: EOI LIVE tics (en castelán) é un sitio web dedicado ao uso das TICs nas EEOOII. EOI LIVE facebook é unha páxina desa rede social na que se recompilan novas de actualidade educativa.

Autor: Marco Vélez.



Ningún comentario:

Publicar un comentario