luns, 9 de marzo de 2020

PIALE en Ottawa

A nosa compañeira, María Vázquez Pousada, está a traballar na difusión da súa magnífica experiencia en Canadá no marco do programa PIALE. A súa estadía desenvolveuse entre o 14 de outubro e o 10 de novembro de 2019, no Ottawa Technical High School e resultou ser enormemente enriquecedora, non só a nivel lingüístico senón tamén a nivel humano e cultural.

Nesta presentación feita con Genially, a profesora Vázquez comparte connosco algunhas imaxes e vídeos impactantes da súa experiencia, así como unha breve descrición das súas actividades en Canadá:

Jobshadow en Bratislava

O pasado mes de novembro de 2019 os profesores Rosa Gloria de Artaza (Dpto. de Inglés) e Marco Vélez (Dpto. de Francés) desenvolveron un jobshadow en Eslovaquia no marco do Proxecto Medal. Neste vídeo cóntannos a súa experiencia na Jazykova Skola Bratislava, unha escola oficial de idiomas moi semellante á nosa.

Entre outras cousas, Rosa Gloria e Marco tiveron a oportunidade de colaborar en aulas de inglés, francés, español e eslovaco, entrevistarse coa dirección da escola, visitar o centro de formación do profesorado, presenciar unha proba de acceso á función directiva, observar a organización das probas de certificación e participar nun programa da radio pública eslovaca.

Toda unha experiencia sintetizada en 27 minutos de vídeo que Rosa Gloria e Marco foron publicando por capítulos durante a súa experiencia e que agora podedes ver na súa versión final. Se queredes máis información sobre a experiencia, podedes poñervos en contacto con eles nos correos ross@edu.xunta.gal e marcovelez@edu.xunta.gal. Con moito gusto, facilitaranvos toda a información que precisedes sobre a súa experiencia.



Velaquí o audio da entrevista en francés que fixeron Rosa Gloria e Marco en Radio Slovaquie Internationale :



E velaquí o audio da entrevista en español: